WIKIESPELLOS

(WIKIEXPERIENCIA NA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 5 ANOS DO CEIP DE AGUIÑO)
Esta wiki é un obradoiro de estimulación á linguaxe nas súas múltiples vertentes, en especial na oral, onde apostamos pola transversalidade da competencia dixital e a Educación Artística como fonte de estimulación fusionada coa vivenciación corporal en contextos físicos, ampliando deste xeito os esquemas de coñecemento emocionais, cognitivos, sociais e interpersoais dos nenos e das nenas.

Cara_en_Couso_(3).JPG
(Home da Graña-Aguiño-Ribeira. Autor: Antonio Parada) Foto elexida polo alumnado como portada da wiki.Que sinte o Home da Graña? En que está pensando?